Baralla presenta a súa programación de Nadal con actividades para todas as idades

LugoXa
O Concello anuncia un festival escolar, a chegada de Papá Noel e a tradicional cabalgata de Reis
Concello-de-Baralla-Nadal-2021
8 Dec 2025

O Concello de Baralla prepara unha programación cultural e festiva coa que celebrará o Nadal 2025-2026, un calendario que reúne propostas para o público infantil e para as familias ao longo de varias xornadas. As actividades comezarán o sábado 20 de decembro, ás 19:00 horas, co Festival de Nadal no Centro Sociocultural, no que participarán as escolas de Airíños do Neira cunha actuación especial para dar inicio ás festas.

A programación continuará o domingo 21 de decembro coa chegada de Papá Noel á praza do Concello ás 17:30 horas. Todos os nenos e nenas que se acheguen recibirán un agasallo e, ademais, aqueles que entreguen a súa carta con nome e apelidos entrarán no sorteo de máis presentes.

O roteiro festivo pecharase o luns 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis, que percorrerá distintos puntos do municipio. O programa comezará ás 16:30 horas na Casa do Maior, continuará ás 17:00 horas na Residencia San Vitorio e, ás 17:30 horas, trasladarase á Área Recreativa. O reparto de agasallos terá lugar ás 18:00 horas no Centro Social.

O Concello de Baralla organiza esta programación xunto coa Asociación Veciñal e Cultural A Porta dos Ancares e o grupo Airíños do Neira, coa intención de manter vivo o espírito do Nadal e ofrecer propostas de convivencia para toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.091904878616333