Baralla rexistra tres pequenos terremotos

LugoXa
O primeiro dos tremores tivo lugar ás 8.18 da mañá deste luns e presentou unha magnitude de 1.9. Tal e como trasladan dende o IGN, aconteceu a uns 23 quilómetros de profundidade.
terremoto_baralla
Imaxe do Instituto Xeográfico Nacional (IGN)
20 Maio 2024

Tres movementos sísmicos acaban de ser rexistrados en Baralla, segundo os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN). Trátase de tres terremotos de pouca intensidade que se sucederon nun par de horas. O primeiro dos tremores tivo lugar ás 8.18 da mañá deste luns e presentou unha magnitude de 1.9. Tal e como trasladan dende o IGN, aconteceu a uns 23 quilómetros de profundidade.

O seguinte tremor rexistrábase horas despois, concretamente ás 10.32 horas e chegaba a unha magntiude de 2.9. Neste caso, o epicentro situábase a pouca distancia do anterior, a uns 2 quiómetros de profundidade. Minutos despois, tiña lugar un terceiro sismo, rexistrado ás 10.35 horas, cunha magnitude de 2.4 na escala Richter e unha profundidade de 12 quilómetros.

0.2052788734436