Baralla, saída da I Carreira Correndo pola Vía Künig

LugoXa
A I Carreira pola Vía Künig une os concellos de Baralla e O Corgo pasando polas principais atraccións patrimoniais desta alternativa a Compostela.
1carreira Vía Kunig
5 Xul 2022

A praza do Concello de Baralla será o punto de saída da I Carreira Correndo pola Vía Künig. Unha iniciativa organizada pola Asociación Vía Künig xunto aos concellos de Baralla e O Corgo, punto de inicio e final do percorrido. Esta carreira que percorrerá parte de esta entrada alternativa a Compostela arrancará o 9 de xullo ás 18 horas e terá a súa meta no Castro de Castrillón, no concello do Corgo.

A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do Corgo ata á saída na Casa do Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira coma ao finalizar a mesma. O servicio de autobuses comezará ás 16.30 horas, sendo o último servizo ás 17.15 horas.

A inscrición farase na web carreirasgalegas.com, sendo hoxe o último día para anotarse. Os dorsáis retiraranse o venres 8 de xullo pola tarde na tenda de deportes de Atmosphera Sport A Chaira sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na zona da saída no Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.

0.14373207092285