Beatriz Dourado presenta a súa obra en 'Media hora de poesía'

LugoXa
A escritora participará na terceira edición de Media hora de poesía, presentada por Martiño Maseda
itaca-teatro-Formigas-no-peto
12 Mar 2025

A Despensa do Saa acollerá o sábado 15 de marzo, ás 20:00 horas, unha nova sesión do ciclo Media hora de poesía. Nesta terceira edición, a convidada será Beatriz Dourado, mestra e escritora, nacida en Barcelona pero vinculada a Lugo desde a súa mocidade. A autora de Intraguerras, unha obra que percorre a conciencia de ser muller con voz alzada e tenrura, será presentada polo escritor Martiño Maseda, natural de Xoibán, Vilalba.

O evento, organizado por Xosé Manuel desde a Despensa do Saa, continúa a súa aposta pola poesía como ferramenta de reflexión e expresión. A cita promete unha inmersión na lírica de Dourado, cunha proposta que convida á emoción e á reivindicación.

⚙ Configurar cookies
0.14816212654114