Becerreá abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación
LugoXa
O Concello de Becerreá organiza para os meses de xullo e agosto uns cursos de natación tanto para aprendizaxe como iniciación ou adultos
26 Jun 2023
O Concello de Becerreá ten aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación durante os meses de xullo e agosto.
Hai tres niveis dispoñibles, aprendizaxe que será en horario de 12.30 a 13.00, iniciación que será de 13.00 a 13.30 e de adultos que terá un horario de 13.30 a 14.00.
As inscricións poden realizarse no centro social e é unha actividade gratuíta.