Becerreá abre o proceso para contratar a cinco traballadores contra incendios

LugoXa
O Concello de Becerreá presenta as bases para a contratación temporal de cinco traballadores para unha brigada contra incendios
Facela fest
15 Xuño 2022

O Concello de Becerreá selecciona persoal laboral temporal para a prevención e defensa contra os incendios forestais. Así, o Goberno local aprobou as bases específicas para a selección e contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra os incendios e outros dous traballadores para actuacións de vehículo motobomba.

Unhas prazas que se cubrirán ao abeiro do Convenio de colaboracións interadministrativo coa Consellería de Medio Rural e o Concello de Becerreá para a loita contra incendios forestais.

Neste senso, o Goberno local busca un xefe de brigada, un peón conductor, tres peóns de brigada e 2 condutores de motobomba.

A duración dos contratos, een todos os casos, será de tres meses e o prazo de presentación de solicitudes será de cinco días dende mañá. Para iso hai que entregalas no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Tamén se poderán remitir as solicitudes ao Concello mediante os sistemas legalmente establecidos. Os aspirantes que non presenten as solicitudes no rexistro do Concello de Becerreá, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir unha comunicación por fax ao Concello de Becerreá ou correo electrónico concellodebecerrea@telefonica.net, comunicando a presentación da solicitude.

Toda a documentación e as bases completas pódense atopar na páxina web do Concello.

0.14456105232239