Becerreá acolle a primeira concentración de coches clásicos o 6 de setembro

O concello de Becerreá será escenario este sábado, 6 de setembro, da primeira Concentración de Clásicos, un evento que reunirá vehículos históricos e os seus propietarios nunha xornada marcada pola paixón polo motor e o patrimonio automobilístico.
A programación comezará ás 9:00 horas coa recepción de vehículos na praza do Concello, seguida dun almorzo gratuíto no Café-Bar CuatroCaminos entre as 9:00 e as 11:00. Ás 11:00 está prevista a saída da ruta cara a San Román de Cervantes, onde ás 12:00 terá lugar unha parada no concello para visitar o conxunto etnográfico da Palloza de San Román.
A comitiva regresará a Becerreá ás 14:00 horas e a xornada pecharase cun xantar no Restaurante Rivera ás 15:00 horas. A iniciativa, organizada polo colectivo Clásicos Becerreá, conta coa colaboración de numerosas entidades locais e municipais.