Becerreá acolle unha xornada informativa sobre gandería ecolóxica
LugoXa
A Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica levará a cabo unha xornada para coñecer a situación da gandería ecolóxica.
15 Out 2022
A Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica de Galicia (deproEco) levará a cabo unha xornada para coñecer a situación da gandería ecolóxica como alternativa, xornada dirixida tanto a produtores en convencional ou en ecolóxico como a aquelas persoas que queiran empezar a producir.
A cita será o próximo 19 de outubro na Casa da Cultura (rúa Eulogio Rosón) en horario de 10.00 a 13.00
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no tfno: 698 956 453 ou no enderezo electrónico asociacion.dpe@gmail.com.