Becerreá celebra as súas festas na honra a San Xoán
O Concello de Becerreá e a asociación As Candelas presentan as festas de San Xoán da localidade. Así, dende o xoves 23 e ata o sábado 25 os veciños da localidade poderán gozar de música, festa e gastronomía.
O chupinazo dará comezo ás festas o día 23 ás 21.20 horas, tralo que terá lugar o pregón a cargo da xornalista Nieves Neira. Será ás 22 horas cando prendan o lume da fogueira ao que porá o punto forte unha sardiñada para os veciños así como a verbena a cargo do grupo Versionettes.
O venres, 24, día grande, os actos festivos darán comezo trala misa, cunha actuación, no atrio da igrexa da Banda de Música de Sober ás 14 horas. Non será ata as 19 horas cando dea comezo a parte gastronómica co concrusod e tortillas e doces caseiros, amenizado polo grupo de gaitas local Eche o que hai xunto a Son de Cores.
Ás 20.00 horas será o turno da Charanga Europa que tocará ata a media noite cando comece a verbena da man da Orquestra Salsarena. No descanso, en torno á 1.30 horas, o Concello organiza unha chocolatada con doces e churros.
Pero a festa non remata aí, o sábado, 25 de xuño, será o día dedicado aos máis novos, coa celebración, ás 18 horas de xogos tradicionais para todos os públicos. Ademais, ás 20.00 horas comezarán a funcionar atracións para os máis pequenos que serán gratuítas ata a medianoite. Esto amenizado, ás mesmas horas, coa actuación dos Festicultores.
O punto final dos festexos será a verbena coa discoteca móbil Gramola Tour Bus.