A gastronomía e a música protagonizan a XVII Degustación Tenreira Galega Suprema de Becerreá


A nosa gastronomía volverá a ser protagonista no concello de Becerreá. O municipio lugués prepárase para unha nova edición da Degustación Tenreira Galega Suprema, que este ano chega a súa décimo sétima convocatoria. A cita terá lugar o sábado 10 de agosto a partir das 21.30 horas.
Pero a música tampouco vai a falta nesta xornada. Os veciños e asistentes que se acheguen á vila poderán gozar da actuación, a partir das 18.30 horas da tarde, de pasacalles coa charanga Fuego. Despois da degustación continúa a festa, a partir das 00.00 horas, cunha verbena da man do trío musical Enclave de Ti.
