Becerreá organiza un curso gratuíto de defensa persoal feminina

O Concello de Becerreá, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, organiza o vindeiro luns, 22 de setembro, un curso gratuíto de defensa persoal feminina dirixido a todas aquelas mulleres interesadas en adquirir técnicas básicas de protección e autodefensa.
A actividade desenvolverase no Centro Social de Becerreá e ofrecerase en dous turnos diferentes para facilitar a participación.
O primeiro terá lugar pola mañá, en horario de dez da mañá a dúas da tarde, mentres que o segundo se celebrará pola tarde, de catro a oito.
A inscrición pode realizarse de forma presencial no propio Centro Social ou a través do teléfono 982 36 07 04.