Becerreá realiza traballos de mellora no depósito de auga e solicita un consumo responsable

LugoXa
Estas actuacións teñen como obxectivo reducir as perdas de auga e optimizar o abastecemento
concello_becerreá
5 Mar 2025

O Concello de Becerreá anunciou que, ata o 29 de marzo, levarán a cabo traballos de limpeza e impermeabilización do depósito da traída de augas na Avenida de Sarria.

Estas actuacións teñen como obxectivo reducir as perdas de auga e optimizar o abastecemento en cumprimento da Lei 9/2019, que regula a xestión da auga en situacións de seca e risco sanitario. Debido a estes traballos, a subministración de auga realizarase directamente desde a traída, sen almacenamento en depósitos.

Por esta razón, o Concello solicita á poboación un consumo responsable e reducido ao mínimo indispensable para garantir o abastecemento a todos os fogares. Ademais, recoméndase utilizar lavadoras e lavalouzas en horario de madrugada para minimizar o impacto na subministración.

Desde o Concello, presidido polo alcalde Manuel Martínez Núñez, pídese desculpas polas molestias que estes traballos poidan causar, lembrando a importancia destas melloras para un mellor aproveitamento do recurso hídrico.

⚙ Configurar cookies
0.41134285926819