Begoña Olavide, Manuel Vilas e Francisco Luengo protagonizarán o primeiro concerto do ciclo 'Lugo, de Trovas e Cantigas'

LugoXa
O concerto, que terá lugar na Capela de Santa María, será de entrada gratuíta e libre ate completar a capacidade do espazo
Capela-Santa-María-Lugo
30 Apr 2025

A Capela de Santa María acolle esta tarde de mércores, 30 de abril, o primiero dos concertos do ciclo 'Lugo, de Trovas e Cantigas', co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo promoverá actuacións musicais relacionadas con esta etapa histórica en distintos emprazamentos singulares e simbólicos da provincia.

Begoña Olavide, salterios e voz; Manuel Vilas, ás arpas; e Francisco Luengo, ás violas, serás os intérpretes deste primeiro concerto que terá lugar ás 21.00 horas, cun repertorio baseado nas cantigas de Martin Codax, no Llibre Vermell de Montserrat, un manuscrito de finais da Idade Media que recolle unha colección de danzas e cantos medievais; no Codex Montpellier, un manuscrito que contén unha colección de polifonía francesa; e no Codex das Huelgas, que documenta as composicions polifónicas da Idade Media na Península Ibérica.

O concerto será de entrada gratuíta e libre ate completar a capacidade do espazo.

⚙ Configurar cookies
0.15071296691895