Begonte acolle un curso de primeiros auxilios pediátricos

LugoXa | TerraChaXa
Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos nos pequenos
curso-primeiros-auxilios-pediatricos-begonte
4 sep 2024

Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios pediátricos dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na casa da cultura desta localidade o 11 de setembro de 16.30 a 21.00 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos nos pequenos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Falarase sobre idades, morte súbita, obstrucións das vías, intoxicacións, picaduras, erupcións, shocks, convulsións e alerxias entre outras moitas cousas.

As inscricións poden realizarse no Concello de Begonte en horario de mañá ata o 6 de setembro.

0.20257902145386