Belén Gopegui presenta a súa obra en Navia
A literatura será unha das protagonistas durante a programación deste verán promovida pola asociación Irmandade Naviega. Dende o colectivo poñen en marcha varias presentacións literarias cos seus autores. A primeira será este sábado da man de Belén Gopegui que presentará Pequeñas heridas mortales en Sucastillo ás 20.30 horas.
No Vrau das Letras Naviegas tamén estarán Toño Núñez, que se achegará para presentar a súa obra Mea Culpa entre os asistentes o sábado 10 de agosto. O xoves 15 no municipio poderán gozar de Posín de Noudelo que presentará La Sociedade Revolucionaria de la Parroquia de Donis.
Ademais, as propostas teatrais tampouco faltan. O xoves 22, o grupo de teatro de Navia representará a obra Cyrano de Bergerac. Os interesados poden pedir máis información no correo irmandadenaviega@gmail.com- e no número 659 793 042.