Benestar abre o prazo de inscrición para a excursión a Cervo

LugoXa
A área de Benestar convida á cidadanía lucense a coñecer Galicia, este verán, cun programa de excursións culturais
Excursions 2023 portada
7 Ago 2023

Continúan as excursións a feiras gastronómicas galegas durante as fins de semana convocadas para Área de Benestar.

As viaxes teñen lugar os sábados alternos, dende o 8 de xullo e ate o 2 de setembro, sendo a Praza de Bretaña o seu punto de partida (09.00 horas) e de chegada (ás 21.00 horas).

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a semana anterior a cada saída – entre o luns e o mércores - e entregar a súa solicitude de forma presencial (entre as 09.00 e as 13.00 horas) nun Centro de Convivencia concreto, en función do destino do que se trate.

A concelleira destacou que “a proposta está pensada, unha vez máis, como actividade recreativa coa que queremos favorecer e fomentar a socialización inclusiva da veciñanza, de xeito que se mantén aberta a todos os públicos”.

Benestar Social habilitou 50 prazas por actividade e o seu custo será de 4’12 euros (para cada excursión), en concepto de gastos de desprazamento en autobús, mentres que o xantar correrá a cargo de cada participante.

Excursións

Continuarán o 19 de agosto coa Queimada Popular de Cervo, que ten a inscrición aberta dende hoxe ata o mércores no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Hai un total de 50 prazas dispoñibles

Rematarán o 2 de setembro coa Feira Franca de Pontevedra. A inscrición será no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

excursions ferias gastronomicas galicia lugo
0.20066118240356