Benestar abre o prazo de inscrición para formación en informática básica e inclusiva para adultos
LugoXa
Benestar pon en marcha formación en informática básica e inclusiva para adultos que comezará no mes de xaneiro
13 Dec 2022
A concellería de Benestar porá en marcha, a partir de xaneiro, diferentes obradoiros de formación en informática básica e inclusiva para adultos.
Os cursos desenvolverase en diferentes días e horarios nos centros socioculturais de Fingoi, María Balteira, Maruja Mallo e no Edificio de Novas Tecnoloxías, onde se habilitarán entre 5 e 12 prazas por curso e centro coa posibilidade de facelo tanto en
quenda de mañá como de tarde.
En total, a área de Benestar, porá a disposición 130 prazas que poden solicitarse nos Centros de Convivencia da Milagrosa ou no Uxío Novoneyra, dende hoxe e até o 16 de decembro ou ata esgotar as prazas.
As persoas interesadas poden obter máis información chamando aos teléfonos: 982 297 410 e 982 297 492.