Benestar organiza en Lugo unha serie de actividades ao aire libre para maiores

LugoXa
A concellería de Benestar de Lugo achega este verán unha proposta de ocio activo ao aire libre para maiores
Actividades na rua 2023 veran lugo portada
30 Xuño 2023

A área de Benestar e Maiores que dirixe Olga López Racamonde achega unha nova proposta de lecer e socialización para este verán: converter as prazas e parques da cidade nun lugar para a práctica deportiva co fin de promover un ocio saudable e un modelo de vida activa ao aire libre.

Trátase - segundo explicou a edil - de darlle cabida, dentro do programa municipal de animación sociocultural, ás demandas e necesidades físicas e emocionais do colectivo da terceira idade.

“É importante que as persoas maiores desenvolvan actividades físicas e combatan o sedentarismo e a soidade ao mesmo tempo que poidan socializar e que o fagan en contornas coñecidas e cómodas, próximas aos seus domicilios”, subliñou a concelleira.

As clases de ximnasia, para as que non é preciso inscribirse senón, simplemente achegarse ate as localizacións sinaladas, impartiranse dende o 3 de xullo e até o 31 de agosto, en horario de 18:30 a 19:30 horas. Os luns e mércores serán nas Prazas do Castiñeiro, Viana do Castelo, Augas Férreas, Trapero Pardo e Santa María, mentres que os martes e xoves se desenvolverán nas Prazas das Illas, da Igrexa, Praza Roxa, da Milagrosa e do Camiño Primitivo.

Actividades na rua 2023 veran lugo
0.17765212059021