Bernardo Niño apostará pola creación de emprego na Fonsagrada
O candidato do PP á alcaldía da Fonsagrada, Bernardo Niño, trasladou este luns ao vicepresidente da formación provincial e responsable do Goberno galego de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que a creación de emprego será o eixo principal da súa acción de goberno se acada a confianza dos veciños o día da cita electoral.
Concretamente, o alcaldable puxo de relevo que “faremos unha xestión económica eficaz, dende a transparencia e ofrecendo un trato igualitario aos veciños, ademais de apostar firmemente pola creación de postos de traballo coa construción dun polígono industrial e consolidar o Polo de Emprendemento creado pola Xunta de Galicia”.
O candidato fonsagradino aproveitou a ocasión para explicar outras medidas do programa para dotar de máis e mellores servizos a este municipio, e que están relacionadas coas infraestruturas culturais, viarias, educativas, de servizos sociais e mesmo de seguridade cidadá no caso de que se produza un incendio.
Francisco Conde asegurou que chegou a hora do cambio para A Fonsagrada. Anticipou que con Bernardo Xabier Niño non vai faltar o impulso ao emprendemento e medidas para facilitar a implantación de novas empresas. Neste sentido, lembrou a importancia de que as administracións colaboren para ofrecer axilidade administrativa, apoio financeiro, acceso a solo empresarial e asesoramento.
Ademais de por Francisco Conde, Bernardo Niño tamén estivo arroupado polo secretario xeral, Javier Nodal, e do coordinador xeral, José Manuel Balseiro.
MIRA O VÍDEO DO CANDIDATO DO PP NA FONSAGRADA