Besteiro queda proclamado candidato do PSOE á presidencia da Xunta

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
É o único dos precandidatos que cumpre co requisito de aportar o mínimo do 6% dos avais da militancia para concorrer ás primarias.
jose ramon gomez besteiro candidato a xunta
18 Oct 2023

É o único dos precandidatos que cumpre co requisito de aportar o mínimo do 6% dos avais da militancia para concorrer ás primarias.

O deputado socialista no Congreso pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, vén de ser proclamado de maneira provisional como candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia ao ser o único dos aspirantes ás primarias que aporta os avais requiridos para concorrer a este proceso.

O equipo de Gómez Besteiro fixo entrega este mércores do máximo de avais permitidos, un total de 1.024 sinaturas, mentres que o precandidato Manuel Losada Fernández non pasou o corte ao non reunir o mínimo dos avais establecidos, que eran 615, equivalentes o 6% da militancia que ten o PSOE en Galicia.

Deste xeito, a Comisión Nacional de Ética do PSdeG vén de proclamar de maneira provisional a José Ramón Gómez Besteiro como candidato á presidencia da Xunta nas próximas eleccións autonómicas. En caso de que non houbera reclamacións, a proclamación definitiva do candidato producirase transcorridas 24 horas do remato do proceso.

Besteiro agradeceu a confianza dos case 3.000 militantes que lle apoiaron: “A falta de dúas horas e media para que termine o prazo, quixen entregar persoalmente os avais, xunto con outros compañeiros e compañeiras, porque creo que é unha forma de demostrar o meu agradecemento aos preto de 3.000 militantes que me trasladaron a súa confianza”.

José Ramón Gómez Besteiro chegaba á sede socialista ás 12:30 do mediodía, acompañado por varios militantes, onde fixo entrega das carpetas con centos de avais -faltan os votos telemáticos- e ante os medios insistiu no “proceso enriquecedor e exemplo de democracia interna que son as Primarias do Partido Socialista que, a ninguén se lle esqueza, empezaron en Galicia en 2013”.

O deputado galego declarou “sentirse abrumado” polas mostras de agarimo recibidas nas agrupacións e insistiu na confianza das e dos compañeiros “porque o aval é unha declaración pública de apoio”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11589384078979