Besteiro reafirma o seu compromiso con Galicia desde a oposición

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reafirmou o seu “compromiso inquebrantable con Galicia”.
besteiro psoe lugo galicia valoracion
19 Feb 2024

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reafirmou o seu “compromiso inquebrantable con Galicia”. Logo das eleccións do 18F, Besteiro confirmou que traballará dende a oposición no Parlamento de Galicia “para traer a Galicia as mellores oportunidades” e dende unha “política útil traballando por unha Galicia mellor”.

O candidato socialista agradeceu o apoio recibido pola cidadanía na convocatoria electoral e avogou por consolidar dende a oposición unha “alternativa real e segura co nome do PSdeG” a través dun “proxecto recoñecido dende Galicia”. Ratificou a súa aposta pola “política de proximidade, de maioría, que soluciona os problemas dos galegos e das galegas”.

Anunciou un traballo “moito máis profundo” na procura de “máis empregos, dereitos e oportunidades” para o país porque, puntualizou, “ningún cambio é fácil nin se consegue da noite para a mañá”. Besteiro recoñeceu que “non foron os resultados que agardabamos”, e confirmou que esta mesma noite trasladoulle ao candidato do PP a súa felicitación en nome dos socialistas galegos polos resultados nas eleccións de hoxe.

Agradeceu tamén o comportamento da cidadanía galega e dos votantes, aos que lles pediu que “manteñan viva a forza da ilusión que tivemos na campaña” electoral para artellar a oposición e “conseguir mellores resultados no futuro e impulsar o cambio para Galicia”.

0.22987985610962