Besteiro realiza a súa primeira visita institucional a Lugo

LugoXa
Besteiro realiza hoxe súa primeira visita institucional a cidade de Lugo dende a súa volta a política como delegado do Goberno en Galicia
Besteiro Lugo
17 Abr 2023

O novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro realizou hoxe a súa primeira visita institucional ao municipio e mantivo un encontro este luns coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. A rexedora, acompañada subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez, recibiu na Casa Consistorial a Besteiro, quen asinou no libro de ouro do Concello.

A continuación, realizaron un percorrido polo casco histórico, onde supervisaron as rúas e zonas da cidade nas que nos vindeiros días comezarán as obras de peonalización, dentro do proxecto ‘Corazón Verde’ que permitirá convertir o recinto amurallado na primeira Zona de Baixas Emisións (ZBE) da cidade. Estes traballos levaranse a cabo a través dos fondos Next Generation, enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno Central.

A alcaldesa subliñou que “hoxe é un día importante para Lugo, porque recibimos a primeira visita institucional do novo delegado do Goberno en Galicia. Quero trasladarlle públicamente, como xa fixen de maneira persoal, toda a sorte nesta nova etapa que inicia, convencida do seu bo facer e de que fará un bo traballo na defensa das e dos galegos e, polo tanto, na defensa dos intereses das e dos lucenses”.

Así, mesmo Lara Méndez agradeceu que “teña escollido, como primera visita institucional aos Concellos, á nosa cidade, a súa cidade, onde estamos convencidos de que fará un bo traballo, sendo ese altavoz das nosas necesidades en Madrid, pero tamén en esa outra doble dirección de traer inversións e seguir apostando polo desenvolvemento do territorio galego e polo tanto do lucense”.

“Estamos nun momento no que o Goberno Central está a facer unha importante inversión na nosa cidade, a través dos propios fondos estruturais e, agora, a través dos fondos Next Generation, que nos permiten avanzar dun xeito máis rápido, porque cando un ten os proxectos e a folla de ruta, o que require é de recursos, e cando ten recursos evidentemente a evolución e o avance é moito máis fluído e máis rápido, que é o que hoxe ven a visibilizar tamén de primeira man o novo delegado do Goberno en Galicia, esas actuacións que estamos facendo e imos facer dentro dos fondos de recuperación Next Generation”, apuntou a rexedora, quen engadiu que “temos un modelo de cidade claro e definido dende fai oito anos, no que os fondos estruturais son moi importantes para este desenvolvemento; estas aportacións fan que vaiamos moito máis rápido e que incluso sitúen moito máis á vangarda o noso modelo de cidade”.

Neste senxo, Méndez lembrou que “recibíamos estes días, da man da ministra de Ciencia e Innovación, ese recoñecemento a Lugo como Cidade da Ciencia e da Innovación; isto é gracias a estes proxectos pioneiros e innovadores que estamos a desenvolver, ese modelo claro e decidido na loita contra o cambio climático, unha necesidade imperiosa; nós, antes de empezar a falar dos ODS, xa viñamos levando a cabo políticas deste tipo e o que necesitamos é o respaldo e os recursos procedentes do Goberno Central para avanzar neste modelo de cidade e, polo tanto, ser unha cidade máis xusta socialmente e tamén dende o punto de vista ambiental, o que é fundamental para poder deixar un mellor legado aos que veñan detrás de nós”.

“Hoxe para Lugo, para min tamén persoalmente, é unha satisfacción recibir na súa casa, no seu concello, ao delegado do goberno en Galicia e ademais estou convencida de que a súa experiencia, o seu bagaxe e a súa vocación de servicio público se notarán e deixarán a súa impronta en Lugo e en Galicia”, concluíu a alcaldesa.

0.084790945053101