Besteiro toma posesión como delegado do Goberno en Galicia

LugoXa
José Ramón Gómez Beteiro tomou hoxe posesión do seu cargo como delegado do Goberno en Galicia nun acto celebrado na Coruña
Besteiro toma posesion
3 Apr 2023

José Ramón Gómez Beteiro tomou hoxe posesión do seu cargo como delegado do Goberno en Galicia nun acto celebrado na Coruña.

Arroupado por numerosos compañeiros do Partido Socialista galego entre os que se atoparon o presidente da Deputación de Lugo José Tomé, a alcaldesa lucense Lara Méndez ou o alcalde da Fonsagrada Carlos López entre outros.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca declarou que “hoxe é un día moi importante para a provincia, porque esta nova responsabilidade institucional de Gómez Besteiro contribuirá a reforzar aínda máis o peso que ten Lugo na axenda política e na acción do Goberno do Estado”, destacou José Tomé.

Na cita multitudinaria, que tivo lugar no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña, participaron centos de persoas e acudiron tamén o Ministro de Sanidade e anterior responsable da Delegación, José Miñones, o Secretario de Estado de Política Territorial e o Presidente da Xunta, entre outras autoridades estatais e galegas.

O mandatario provincial incidiu na importancia deste nomeamento “porque é a primeira vez que un lucense asume o cargo de Delegado do Goberno en Galicia, algo que sen dúbida reforzará o compromiso que xa está demostrando o Goberno central coa nosa provincia” con feitos, “como o investimento de 546M€ na modernización da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, ou mesmo o acordo que anunciamos hoxe mesmo para converter o antigo Hospital de San Rafael nun centro de acollida de refuxiados cun investimento de 12M€”.

Tomé desexoulle novamente a Besteiro “sorte e éxitos” na súa nova responsabilidade como Delegado do Goberno, e mostrouse convencido de que “coa súa gran capacidade e valía fará un excelente labor en defensa de todos os galegos e galegas”.

No seu discurso fixo referencia a xustiza así como tamén tendeu unha man a administración autonómica para facer unha política entre todas as administracións.

Besteiro Tome
0.16865301132202