Boa participación nas primeiras actividades do auditorio Fuxan os Ventos

LugoXa
A área de Cultura presentou 22 actividades a celebrar no primeiro semestre de 2025
auditorio-fuxan-os-ventos
26 Jan 2025

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu xunto a Iria Buide ao concerto do Conservatorio de Música Xoán Montes celebrado no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos. Ferreiro destacou a "boa participación da veciñanza" nas dúas primeiras actividades organizadas pola área de Cultura nesta nova instalación, e afirmou que "seguimos traballando para que o Fuxan os Ventos sexa un edificio de referencia para o tecido cultural local".

Na primeira programación para o auditorio Fuxan os Ventos comparten espazo nomes consolidados no tecido galego e estatal como Abraham Cupeiro, Álvaro Casares, Leo Harlem ou Luís Piedrahita con agrupacións locais referentes como Achádego Teatro, a Banda Filharmónica ou Palimoco Teatro.

A programación confirmada do Fuxan os Ventos continuará ata o vindeiro 20 de setembro con outras 20 actividades, e Maite Ferreiro anunciou que a área de Cultura traballa para "contar cunha programación ampla e diversa, igual que temos no auditorio municipal Gustavo Freire".

0.17416095733643