Bota a andar a I Ruta xuntos seguros en Lugo a favor de Aspnais

LugoXa
Celebrarase o día 29 de setembro e discorrerá ao longo de 10 quilómetros do Camiño Primitivo no municipio de Lugo
I-Ruta-xuntos-seguros-en-Lugo
29 Xul 2024

 A Xunta de Galicia colabora coa I Ruta xuntos seguros, camiñamos, que organizan a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo e a Garda Civil para recadar fondos a favor de Aspnais. Celebrarase o día 29 de setembro e discorrerá ao longo de 10 quilómetros do Camiño Primitivo no municipio de Lugo. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 do mesmo mes, cun custo de 10 euros.

Tamén existe a posibilidade de mercar un Dorsal 0, a prezo de 7 euros, que non implica a realización da andaina. O ingreso debe realizarse na conta habilitada pola organización: ES70 2080 0163 8930 4006 5919. Os detalles da cita déronse a coñecer na Delegación Territorial da Xunta, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o comandante da Garda Civil de Lugo, Carlos Barceló; o presidente da Asociación Amigos do Camiño, Ángel Trabada, e o presidente de Aspnais, José Reigosa.

Os participantes reuniranse ás 9.00 horas da mañá na Praza de Bretaña para ser trasladados en autobús ata o punto de partida, Bascuas, onde iniciarán o percorrido a pé que os traerá de novo de volta á cidade. Javier Arias gabou a iniciativa das entidades organizadoras co obxectivo de “axudar a Aspnais a levar a cabo o seu imprescindible labor, para o que sempre contará co apoio da Xunta”.

0.16651010513306