Bota a andar a Sociedade Filatélica Lucense

LugoXa
A nova sociedade busca novos socios e pensa xa na organización de eventos, como un congreso nacional, cando a situación o permita
sellos
2 Feb 2021

A irrupción do correo electrónico fixo que as costumes mudasen e que as cartas físicas se visen substituídas rapidamente por ese novo medio máis áxil. Pero iso non impide recoñecer o importante legado cultural e artístico que supón a filatelia en España, un dos países cunha calidade de emisións máis importante do mundo. Isto é o que pensa tamén un grupo de aficionados ao mundo dos sellos que comparte o seu gusto por esta arte na nova Sociedade Filatélica Lucense, que vén de presentarse en sociedade.

A Sociedade Filatélica Lucense recupérase na capital, en palabras dos seus promotores, cos fins principais de "fomentar o coleccionismo de sellos, divulgar a filatelia como ben cultural, e favorecer a agrupación, cooperación, coñecemento e colaboración dos coleccionistas particulares.

Se as circunstancias o permiten, durante este ano prevén organizar diferentes actividades. Pensan en promover a participación dos centros educativos en accións con Correos e ata en organizar eventos filatélicos de maior repercusión, como podería ser un congreso nacional.

Actualmente, o número de socios da nova Sociedade Filatélica é reducido, xa que "aínda non se dera a coñecer a súa existencia". Por iso, os promotores convidan a todos os interesados nesta tradicional aficción a escribir ao correo sociedadfilatelicalucense@gmail.com.
0.19514894485474