Bota a andar o escaparARTE que propón intervencións artísticas nos escaparates do casco histórico

LugoXa
A Área de Cultura da USC mantén aberto ata o día 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas para participar na iniciativa escaparARTE, concibida como unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo.
festival_universitario_teatro_lugo
23 Mar 2024

A Área de Cultura da USC mantén aberto ata o día 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas para participar na iniciativa escaparARTE, concibida como unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo.

Trátase dun programa complementario do XXX Festival de Teatro Universitario, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan a USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

As intervencións artísticas desenvolveranse o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas. As persoas interesadas pode solicitar información e facer chegar as súas propostas a través do enderezo de correo electrónico escapararte@usc.es.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18771600723267