Bota a andar o programa para facilitar a conciliación en Portomarín

LugoXa
O Concello de Portomarín abre o prazo de solicitudes do programa Portomarín Concilia do novo curso escolar co que se pretende fomentar a conciliación
nenos-Aprende-Xogando
Foto recurso
27 Ago 2024

O Concello de Portomarín abre o prazo de solicitudes do programa Portomarín Concilia do novo curso escolar co que se pretende fomentar a conciliación, promover o traballo en equipo e socializar despois das clases lectivas. Deste xeito programan Tardes Lúdicas con actividades de ocio e tempo libre de luns a venres de 14.50 a 19.30.

Estas propostas, que contan con 20 prazas, están dirixidas a cativos de entre 3 e 16 anos e comezarán a impartirse o 11 de setembro. Tamén poñen en marcha actividades extraescolares dende o 2 de outubro. Concretamente ofrecen patinaxe, predeporte, multideporte e zumba infantil os mércores, xoves e venres de 14.50 a 17.15 horas. O prazo de solicitudes mantense aberto ata o 4 de setembro. Os interesados poden solicitar máis información nos Servizos sociais municipais.

0.19702887535095