Bota a andar unha nova edición da Feira de Oportunidades de Monterroso

LugoXa
O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, convoca unha nova Feira de Oportunidades.
Feira-de-Oportunidades-monterroso
9 Ago 2024

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, convoca unha nova Feira de Oportunidades. Será este venres e sábado e levarase a cabo un sorteo de 480 euros en vales de compra non superiores a 30 euros.

O sorteo levarase a cabo o luns 12 de agosto e os vales de compra poderanse canxear nos establecementos participantes. A través destas iniciativas preténdese fomentar e apoiar a venda nos establecementos da vila e no comercio local durante os meses de calor entre a veciñanza e asistentes que se queiran achegar ao concello.

0.051945924758911