Bota a andar unha nova edición do Certame de Tapas da Fonsagrada

LugoXa
Na cita, que conta coa colaboración da Deputación, participarán once locais de hostalaría
Presentación-da-XI-Concurso-de-Tapas-da-Fonsagrada
Cartel da cita
21 Xuño 2024

Do 25 ao 29 de xuño A Fonsagrada será capital gastronómica da provincia. O Concello, coa colaboración da Deputación, pon en marcha o XI Certame de Tapas do municipio. Participarán once locais de hostalaría do municipio. Visitantes e veciños poderán gozar das mellores propostas gastronómicas durante estes días en horario de 20.00 a 23.00 horas.

Este ano participarán Polbeira O Candal, Restaurante On My Way, Bar da Comisión de Festas A Fonsagrada, Café Bar Club, Mesón Catro Ventos,  Café Bar Demetrio, Restaurante Cantabrico, Bar Onde Luis, Cafetería Lua, Bar O Atallo e Complejo "O Piñeiral". Repartirán grandes premios entre os consumidores que participen e valoren as tapas nos diferentes establecementos hostaleiros. Para participar no sorteo de agasallos, os interesados deberán obter o selo dos 11 bares participantes, excluíndo o da comisión organizadora.

O Concello doará dúas cestas de produtos locais, mentres que os hostaleiros entregarán un premio de 250 euros para gastar nos comercios locais. Para votar, será necesario reunir un total de oito selos: sete de diferentes bares participantes e un do bar da comisión de festas. O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, presentou, xunto ao alcalde da Fonsagrada e tamén deputado de Medio Ambiente, Carlos López, a undécima edición do concurso. Durante a presentación, Pablo Rivera, subliñou a importancia deste certame “non só como un evento culinario de relevancia a nivel local, senón que tamén é unha oportunidade para dinamizar a economía e promover o turismo na comarca da Montaña”.

Destacou que “a Fonsagrada ten moitos atractivos para ofrecer á xente”, facendo especial fincapé na alta calidade da materia prima e sinalando que “as propostas que ofrecerán os hostaleiros durante estes días serán a mesma proba da calidade dos produtos e da cociña que distingue á montaña de Lugo”. Tamén estiveron presentes no acto os concelleiros de Turismo, Ricardo Parada, e o de Deportes, Silbán Rodríguez, quen resaltaron o compromiso da Deputación con esta cita e explicaron os detalles do concurso que “non só promove a gastronomía local, senón tamén fomenta a participación comunitaria e o apoio ao comercio da Fonsagrada”.

 

 

0.16812181472778