Boxeadores de Galicia e Asturias xúntanse no Lugo Boxing Nights
Boxing Club Cidade de Lugo pon en marcha o Lugo Boxing Nights, un combate de entrada gratuíta que terá lugar en Augas Férreas o vindeiro 22 de xuño. Enfrontaranse Amin Zekhnini, campión do IV Open Villa de Marín na categoría63,5kg contra Baldomero Ordóñez; Luís Serén, campión galego, contra Iker Rojo e Elena Herrero contra Paula Espada, que buscará vencer tras a vitoria de Elena no I Open Cidade de Lugo.
Tamén se subirán ao ring, Iván Leiva e Mario Romero, actual campión galego na modalidade de Savate e Uxue Ponga e Iris Ruibal, un encontro tamén de revancha tras vencer Uxue no IV Open Villa de Marín. Deste xeito, na cita xuntaranse clubs de todo Galicia e Asturias como La Vieja Escuela de Vigo, Sanparbox de Gijón, o Club Juancho Vázquez de Santiago ou o Planasbox da Coruña