Branca Fernández, candidata do BNG á alcaldía de Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Branca Fernández, candidata do BNG á alcaldía de Pol. O candidata foi elixida por unanimidade pola asemblea local do partido.
blanca fernandez candidata bng pol
17 Abr 2023

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Pol decidiu a persoa que encabezará a candidatura nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de maio.

A persoa elixida por unanimidade pola asemblea é Branca Fernández Martínez, veciña de Mosteiro e mestra.

Branca Fernández declarou “este 28 de maio imos a por todas, Pol ten que contar cun goberno municipal responsable e con capacidade de xestión, e o BNG é a forza capaz de acadar este obxectivo e sumar para construír un concello máis activo e dinámico”.

Neste senso, o candidata do BNG á alcaldía destacou “imos consolidar un Pol con futuro, cun proxecto enfocado na mellora de calidade de vida no rural, para o BNG sempre ten como eixo que o principio que o move son as persoas e a mellora da súa calidade de vida” e sinalou “o equipo que lidero vai contar con toda a experiencia e o dinamismo para desenvolver plenamente todas as potencialidades do noso concello, e saímos sen límites para liderar o vindeiro goberno municipal”.

0.14265394210815