Branca Villares impartiu un obradoiro sobre as cantareiras na UNED de Lugo

A UNED de Lugo celebrou o Día das Letras Galegas cun obradoiro baixo o nome de 'Cantareiras: a historia a través da música', impartido pola bióloga, educadora ambiental e cantante Branca Villares.
A actividade, organizada no marco da programación cultural da UNED de Lugo, estivo centrada na figura das cantareiras e transmisoras da tradición oral galega, en homenaxe á súa importancia no patrimonio cultural do país.
Villares compartiu co público asistentes experiencias de campo, interpretacións en directo e reflexións sobre a relevancia da transmisión interxeracional da música tradicional.
O acto contribuíu a dar visibilidade ao papel das mulleres na música e na cultura galegas, coincidindo coa dedicación deste ano do Día das Letras Galegas ao colectivo das cantareiras, figuras fundamentais na preservación da nosa identidade.