C.S.A. A Hedreira acolle este martes unha xornada sobre o conflito entre Rusia e Ucraína

LugoXa
Trátase dunha oportunidade para comprender mellor a realidade política e social que viven ambos países
a_hedreira_luo
17 Jun 2025

Este martes 17 de xuño, a partir das 19:30 horas, o Centro Social Autoxestionado A Hedreira organiza unha xornada de conferencias centrada no conflito armado entre Rusia e Ucraína, cunha perspectiva crítica e antiautoritaria.

As intervencións estarán a cargo de Alona e Olek, persoas de orixe ucraína e rusa, baixo os títulos A historia do imperialismo ruso e a resistencia dos pobos colonizados e Anarquistas e antifascistas na fronte, respectivamente.

O encontro busca ofrecer unha visión alternativa e contextualizada da guerra, desde a análise do papel histórico do imperialismo ruso ata a participación de movementos anarquistas e antifascistas no conflito actual.

Segundo a organización, trátase dunha oportunidade para comprender mellor a realidade política e social que viven ambos países, a través de voces directas e implicadas.

⚙ Configurar cookies
0.17329216003418