Caborrecelle, en Portomarín, celebra as súas festas patronais

LugoXa
Caborrecelle, en Portomarín, presenta o cartel das festas patronais na honra a San Xulián, que terán lugar como vén sendo tradición o terceiro fin de semana de maio.
14 Maio 2024

Caborrecelle, en Portomarín, presenta o cartel das festas patronais na honra a San Xulián, que terán lugar como vén sendo tradición o terceiro fin de semana de maio. Nesta ocasión, contarán de novo con churrascada popular o mércores 16 e verbena co Dúo Son de Festa e o DJ DJ Patakiña Events.

O programa continúa o sábado 18 con sesión vermú da man da Asociación Cultural Rio Miño e pola noite actuará o Grupo Xoldra, que serán tamén os encargados de amenizar a Sesión Vermú do Domingo 19.

0.10384607315063