'Cachopo Máxico' hoxe no Gustavo Freire de Lugo
Hoxe luns 27 de decembro o Gustavo Freire acollerá a obra Cachopo Máxico de Lila Teatro. A idade recomendada é a partir dos 5 anos.
Esta representación enmárcase na programación de Nadal que o Concello e dará comezo ás 18:30 horas.
Sinopse
Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar algo perdido entre as brétemas do esquecemento, pódese divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fume pola súa torta cheminea.
Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que coma eles non hai outros. Son a familia Palpatore.
Non se sabe moi ben de onde veñen nin tampouco se sabe a onde queren chegar. Os Palpatore son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí coma todas as familias. Tamén, coma todas as familias, gardan grandes segredos.
Ó achegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto traqueteo.
Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece en estas datas de culto e celebración.
Entrada de balde en https://www.entradaslugo.es/evento/familiar/cachopo-maxico?fbclid=IwAR128rIs6frmnL7ThAyJ6Gj8GOy8qRPWvKnU6l-W0OzR01QarP9naVw-m8Q
Lila Teatro
Lila Teatro é unha compañía formada por Lines Lakers e Lara Manzano, creadoras multidisciplinares que, coma tales, tocan os distintos eidos que corresponden á produción teatral. Dramaturxia, escenografía, vestiario, iluminación, son, grafismo e interpretación. Teñen predilección polo teatro coma xeito de expresión artística por consideralo unha práctica íntegra que abarca en si mesma especialidades de gran relevancia. Cren firmemente que o teatro ten unha aptitude única para seducir, traspasar e permanecer na alma do espectador. Lila Teatro aposta por un xeito de facer dende o corazón.
Son artesás, rurais e mariñeiras, tradicionais e atemporais, amigas do bo gusto e acérrimas defensoras dos animais, os vexetais, as crianzas e os maiores. No seu periplo, que comeza no ano 2013, non faltan os traballos de taller teatral, as colaboracións en diferentes festivais e asociacións, e as representacións en auditorios, escolas, mosteiros, bodegas, patios de luces, prazas, garitos e bosques. Con todo procuran dar a coñecer de preto o seu labor artístico-teatral.