Caetra Lucensium incorpora sinalización en braille no seu campamento do Arde Lucus

A asociación Caetra Lucensium vén de dar un paso máis no seu compromiso coa inclusión ao incorporar sinalización en braille nos paneis informativos do seu campamento de Arde Lucus, situado na Praza de Ferrol.
Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, forma parte do proxecto Caetra dos sentidos, co que a agrupación busca adaptar os contidos que xa ofrece ao público xeral para facelos accesibles tamén a persoas con discapacidade visual.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe o espazo acompañado de membros de Caetra; do director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnes; e da vicepresidenta da Asociación de Persoas Xordas (Asorlu), Mónica Lourés.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo acompañado de membros da asociación Caetra, así como do director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnes, e da vicepresidenta da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu), Mónica Lourés. Arias felicitou á entidade por contribuír a “fomentar unha celebración máis accesible e inclusiva” e por “axudar a concienciar sobre a diversidade das persoas e sobre a necesidade de eliminar barreiras en todos os ámbitos da vida”.
No marco destas actividades, o campamento recibirá hoxe a visita de membros da Asociación de Persoas Xordas de Lugo, acompañados dun intérprete de lingua de signos, así como de dous grupos de case 50 usuarios da ONCE procedentes de Lugo e A Coruña.