Café concerto de El Chico López na Facultade de Veterinaria

LugoXa
Café concerto de El Chico López na Facultade de Veterinaria o luns 24, a partir das 20.30 horas, na cafetería do centro universitario lugués
concerto chico lopez usc
23 Abr 2023

O artista arxentino afincado en Sarria El Chico López ofrece este luns 24 de abril, a partir das 20.30 horas, na cafetería da Facultade de Veterinaria, un café concerto no marco do que interpretará algunhas das últimas composicións incorporadas ao seu repertorio.

A actuación de El Chico López servirá de colofón da primeira sesión dos ‘Encontros de Lúa Minguante’ e está organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, un programa xestionado pola USC e que tamén recibe financiamento do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

0.15631580352783