Cambia a circulación de novo no centro da cidade de Lugo desde o luns

Con motivo do avance dos traballos no tramo superior da rúa Bolaño Rivadeneira, dentro do proxecto da Estratexia Corazón Verde comprendido entre Bispo Odoario e Praza do Ferrol, o Concello necesario habilitar un novo plan de tráfico no centro histórico.
Desta maneira, previsiblemente dende este luns, día 9 de decembro, habilitarase a sinalización para que os vehículos que entren por Bispo Odoario (Montevideo) saian por Rúa Nova á Ronda da Muralla, como en anteriores ocasións. Mentres que os vehículos de obra que sirvan a este proxecto terán entrada e saída por Rúa Nova con Ronda da Muralla, de tal forma que dispoñerán de operarios sinalistas cada vez que teñan que acceder en sentido contrario desde a Ronda da Muralla cara ao centro, garantindo a seguridade do tránsito rodado nesta vía.
Os vehículos procedentes de Santo Domingo - San Marcos, seguirán baixando por Amor Meilán-Quiroga Ballesteros-San Froilán-San Fernando, como o están facendo agora mesmo, de tal forma que xa non irán pola Rúa Nova. Así, os vehículos que pasarán pola citada vía serán menos numerosos que en ocasións anteriores cando esta rúa absorbía todo o tráfico de saída do centro.