Arroxo defende que o BNG xa tiña moitas das estradas a 30 km/h

LugoXa
Rubén Arroxo informou da mudanza de velocidade que se está a dar nas rúas cun único carril, no ámbito urbano que pasa a ser de 30 km/h.
11 May 2021

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da mudanza de velocidade que se está a dar nas rúas cun único carril, no ámbito urbano que pasa a ser de 30 km/h. Esta modificación, dictada pola Dirección Xeral de Tráfico, afecta a todas as cidades e, segundo Rubén Arroxo, “en Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h”. Unicamente as rúas urbanas de dous carrís que teñen indicada, mediante sinalización, outra velocidade permanecen á velocidade sinalizada. Por defecto, a partir do 11 de maio, as rúas urbanas terán unha velocidade máxima permitida de 30 km/hora.

As rúas de todos os entornos escolares e pasos de peóns que posúen un único carril xa están limitadas a 30 km/h e está sinalizado para evitar confusións. Dúas das principais vías da cidade con dobre carril, a ronda da Muralla e Ramón Ferreiro, xa estaba sinalizadas e a súa velocidade máxima permitida era de 30 km/h. Tamén  a vía de Angelo Colocci, con dobre carril ten como límite o de 30 km/ hora. A av. de Madrid, con dobre carril, ten o límite en 40 km/ hora e xa está señalizada ademais ten zonas con numerosas rotondas.

Quedan a 50 km/hora, por que están así sinalizadas, son de dobre carril nas dúas direccións e teñen amplitude e lonxitude suficiente as rúas ronda de Fingoi, república Arxentina, Av. de Magoi (solo nas zonas de doble carril, hai zonas de carril único que son a 30 km/h), av. Afonso X e Infanta Elena. Tamén manteñen a súa velocidade orixinal a nova Ponte Branca e gran parte do novo polígono de Fingoi. Outros viais que seguen igual son os polígonos das Gándaras e Ceao nas zonas sinalizadas a 50 km/hora de dobre carril

0.16476798057556