Camiñada en Lugo para reivindicar os dereitos do alumnado xordo
A cidade de Lugo acolleu onte a celebración do Día Internacional das Persoas Xordas organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu). O acto central foi un percorrido pola Muralla de Lugo, unha camiñada simbólica para loitar pola defensa dos dereitos do alumnado xordo.
A xornada continuou coa lectura dun manifesto para dar visibilidade ás persoas xordas e recordar que todos os seres humanos merecen ter as mesmas oportunidades e para reivindicar que así sexa. Os asistentes ao acto conmemorativo tamén puideron desfrutar dunha actuación cultural en lingua de signos.
Esta efeméride, de carácter anual, celébrase en todos os recunchos do mundo co obxecto principal de dar visibilidade ao colectivo de persoas xordas, con discapacidade auditiva e/ou sordocegas, reivindicar as súas demandas, así como organizar diferentes actividades accesibles en lingua de signos española (LSE).
Nesta ocasión o lema sobre que o que virou a conmemoración deste día foi a Inclusión plena para o alumnado xordo, co obxecto de visibilizar as demandas e necesidades do alumnado xordo no seu paso polo sistema educativo.
Neste ano 2021, Lugo foi a cidade encargada de acoller a todas as persoas xordas da comunidade, familiares e amigos de Galicia para celebrar este día. Dadas as circunstancias derivadas da pandemia, todas as actividades se concentraron en sesión de mañá, ao aire libre.