Campamentos de verán nas Casas das Linguas de Lugo

LugoXa
As actividades estarán orientadas para nenas e nenos de entre 5 e 9 anos, e levaranse a cabo en dúas quendas.
casa das linguas
17 Xuño 2021

Chega unha nova edición dos campamentos de verán organizados polas Casas das Linguas Municipais. O que se busca é achegar outras linguas a nenos e nenas de maneira lúdica.

As actividades estarán orientadas para nenas e nenos de entre 5 e 9 anos, e levaranse a cabo en dúas quendas, do 1 ao 14 de xullo e do 16 ao 31 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 en cada unha das Casas das Linguas, e cunha participación de 10 nenas e nenos en cada unha das actividades.

Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico ou en persoa na Casa das Linguas desexada, entre o días 16 e o 29 de xuño. Os enderezos de correo electrónico habilitados son casa.linguas@lugo.gal para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal para a casa das linguas María Balteira. Cada alumna ou alumno só poderá solicitar unha quincena, e as solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo, indicando en todos os casos o nome e a quincena solicitada.

0.15936017036438