Cancelan o XLVIII Concurso Exposición de Gando Vacún da Fonsagrada

O Concello da Fonsagrada decidiu cancelar o XLVIII Concurso Exposición de Gando Vacún, que ía ter lugar o vindeiro sábado 7 de setembro no mercado gandeiro comarcal do municipio. Debido á detección de casos positivos nalgunhas reses da enfermidade Hemorráxica epizoótica deciden suspender a cita na que só poderían entrar as reses que tiveran o regulamento sanitario da feira publicado na web do concello.
Nas últimas edicións concorreron produtores gandeiros de Galicia e Asturias. As razas participantes eran rubia galega e asturiana de los valles. Entregáronse grandes premios en metálico e trofeos das entidades oficiais e casas comerciais que axudan ó concurso exposición, ademais de premios especiais ao mellor lote da Fonsagrada de gando de razas galegas e asturianas e ao mellor lote de fóra do concello.
