Candia apoia a proposta de impulsar un museo da automoción en Lugo

LugoXa
Elena Candia apoia a proposta de impulsar un museo da automoción histórica dixo na reunión coa Asociación lucense de automóbiles antigos
candia asociacion museo automocion
28 Abr 2023

A candidata á alcaldía do PP reuniuse coa Asociación lucense de automóbiles antigos de Lugo, que conta con máis de 200 asociados, que preservan pezas de gran valor histórico.

Elena Candia explicoulles que apoia a proposta de impulsar un museo da automoción histórica como atractivo turístico para os afeccionados ao motor.

Elena Candia comparte a petición da Asociación de que o proxecto que lle presentaron “sexa algo máis que un espazo de exposición” xa que abarcaría tamén “talleres de restauración ou a dixitalización da documentación histórica de pezas únicas que conservan particulares lucenses”.

A candidata popular afirma que os vehículos clásicos forman parte da historia da cidade e poden servir de elementos para contar como foi evolucionando a sociedade luguesa.

A candidata popular estudará a petición da entidade para bonificar o imposto de rodaxe a calquera vehículo con máis de 30 anos rexistrado no Concello de Lugo, xa que se trata dun patrimonio histórico a conservar.

Elena Candia comprométese a respaldar o rali de vehículos históricos que todos os anos impulsa esta entidade e a axilizar a tramitación de permisos para organizar novas actividades ou eventos automobilísticos xa que son un reclamo para os afeccionados a historia da automoción e moven un volume importante de participantes chegados doutras provincias.

0.18691301345825