Candia asegura que Nadela recuperará a atención sanitaria despois do verán
A voceira do Grupo Popular quixo coñecer a postura do Conselleiro de Sanidade sobre o futuro do consultorio de Nadela e asegurarse da continuidade deste servizo.
O titular de Sanidade “confirmou que se atendendo aos pacientes deste núcleo neste consultorio á volta do verán” que é cando se retomará a atención neste punto”.
Elena Candia agradeceu a Julio García Comesaña a palabra dada “que supón unha tranquilidade para a veciñanza que está preocupada pola situación na que quedou o consultorio trala xubilación, en abril, do seu médico”.
De xeito temporal para dar cobertura ás necesidades do consultorio de Nadela se están atendendo desde xullo aos pacientes no Centro de Saúde de Fingoi, os meses anteriores había consultas en Nadela tres días á semana durante 4 horas co obxecto de garantir á atención ao pacientes deste núcleo.