Candia comprométese a completar o cinto verde de Lugo e facer unha nova ruta

LugoXa
Candia “completaremos o cinto verde unindo o Paseo do Miño e o Paseo do Rato e faremos unha nova ruta na outra marxe do Miño”
paseo rio rato lugo
6 May 2023

A candidata reúnese hoxe cun grupo de expertos en medio ambiente para profundizar en diferentes proxectos innovadores de aforro enerxético e medidas para incentivar a instalación de enerxías renovables tanto en edificios públicos como en fogares e negocios.

A candidata do PP presenta hoxe un proxecto innovador relacionado co desenvolvemento sostible e analizará cun grupo de expertos en medio ambiente outras propostas aliñadas coa proteción do medio natural que quere desenvolver cando chegue á alcaldía.

Elena Candia afirma que hai que mellorar e manter as zonas verdes existentes de forma sostible. Tamén defende a necesidade de avanzar na creación de máis zonas periurbanas, unindo o Paseo do Miño con Paseo do Rato (39.000 m2) onde xa temos contacto directo cos propietarios de máis do 80% dos terreos.

Outra proposta relacionada co patrimonio natural e o disfrute do río Miño é a creación dun paseo á outra marxe do río Miño para pechar un circuito de sendeiros fluviais.

POLÍTICAS SOSTIBLES

A candidata afirma que urxe licitar o ciclo da Auga así como reforzar a brigada de augas municipais. A mellora da limpeza nas rúas e o servizo de recollida de residuos e a implementación da recollida de orgánico que por lei xa debería estar funcionando son outras das súas propostas.

Candia tamén mantén o seu compromiso de impulsar o abastecemento e o saneamento en todas as parroquias do rural. O PP ten un proxecto con identidade propia “fronte a un PSOE que quere arranxar o problema do cambio climático no mundo mentres non é quen de levar auga potable á xente que vive no rural (ODS –Obxectivos de Desenvolvemento Sostible- número 6).

FOMENTAR USO ENERXÍAS RENOVABLES

Outra proposta da alcaldable para incentivar e animar aos lucenses a instalar enerxías renovables é mellorar a ordenanza que bonifica o 50% do IBI durante catro anos para a instalación de enerxías alternativas en vivendas. Tal e como está redactada é moi complicado que unha comunidade de propietarios ou particular poidan reunir os requisitos para acceder á bonificación xa que os kilowatios esixidos en fotovoltaica e os m2 de placas para enerxía térmica están sobredimensionados.

Candia, ademais de incentivar a instalación de sistema de enerxía solar en fogares e negocios, avanza que estudará a colocación de paneis solares en edificios públicos.

PRODUTO KM0

Elena Candia aposta por desenvolver unha estratexia de apoio á Praza de Abastos e ao Mercado para fomentar o consumo de proximidade e “con este obxectivo favorecer a plena ocupación dos postos segundo vaian estando dispoñibles, para o que axilizaremos os prazos da súa asignación”.

Candia tamén quere revitalizar a Feira de Nadela que se celebran o 15 e o penúltimo día de cada mes. A proposta é que “nos locais que hai na zona lateral se habilite a infraestructura necesaria para montar un mercado no que os produtores poidan ofrecer alimentos de temporada, artesanía, etc”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18861508369446