Candia cualifica de "insostible" o servizo de augas da cidade
A voceira popular, Elena Candia, reclamou a Alvarellos e a Arroxo que actúen de forma urxente recriminando “a falta de planificación nun servizo prioritario para a veciñanza” como é o da auga.
Explicou Candia que hoxe mesmo en Lugo hai 5 operarios en augas para cubrir as necesidades dunha poboación de 100.000 habitantes con catro fugas simultáneas: Tres operarios á mañá e dous pola tarde polo que a resposta que lle dan a veciñanza que leva horas sen auga é que se armen de paciencia e que esperen a súa quenda.
Este é o caso dos barrios da Ponte e Sanfiz que están sen subministración porque o Concello "non tiña persoal e faltaban medios para arranxar as avarías esta fin de semana. A pasada fin de semana houbo outra incidencia que os deixou sen auga 50 horas sen auga cando a reparación fíxose en 9 minutos", detalla.
Elena Candia reflexionaba que “a alcaldesa fai bos os seus predecesores xa que coas reparacións da auga tiñamos un mal contrato, e unha privatización en toda regra pero arestora o que temos é un parche que non é operativo”.
A popular lamenta a falta de liderado da alcaldesa á hora de dar solucións a este problema e recrimina que Arroxo se poña de perfil nesta cuestión.