Candia explica a empresarios do Ceao e As Gándaras as emendas aos orzamentos

LugoXa
Durante a xuntanza celebrada coa nova directiva da Asociación de empresarios do Ceao-Gándaras a voceira popular explicou as emendas propostas polo Grupo Municipal aos orzamentos municipais para mellorar os servizos en ambos polígonos Elena Candia explicou que se solicitaron fondos para a creación de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores e empresarios destas zonas industrias así como a Renovación das Tubaxes do polígono do Ceao, ámbalas dúas peticións son reivindicacións dos emprendedores e das persoas que traballan nestas zonas industriais.
candia empresarios ceao as gandaras orzamentos
22 Xan 2024

Durante a xuntanza celebrada coa nova directiva da Asociación de empresarios do Ceao-Gándaras a voceira popular explicou as emendas propostas polo Grupo Municipal aos orzamentos municipais para mellorar os servizos en ambos polígonos

Elena Candia explicou que se solicitaron fondos para a creación de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores e empresarios destas zonas industrias así como a Renovación das Tubaxes do polígono do Ceao, ámbalas dúas peticións son reivindicacións dos emprendedores e das persoas que traballan nestas zonas industriais.

"Vanse cumprir case 3 anos do incendio do CEAO e aínda non se cambiou a rede de subministración tal e como aconsellaban os informes técnicos nos que se indica que a antigüidade das tubaxes podería xerar problemas na presión hidráulica recomendando realizar cambios nesta infraestrutura”, explica.

Este encontro coa nova directiva empresarial das Gándaras -Ceao tamén serviu para trasladarlles información das diferentes liñas de axuda para atracción de investimentos, con achegas de ata o 35% a fondo perdido para proxectos empresariais superiores a 800.000 euros ou as axudas directas a concellos para a mellora dos polígonos industriais.

OUTRAS DEMANDAS

Outras cuestións que os empresarios do Ceao e As Gándaras seguen demandando son: poñer en marcha o sistema de videovixilancia para mellorar a seguridade do polígono, máis zonas de aparcamento; mellorar o transporte público xa que “as liñas de autobuses actuais non se adaptan ás rutinas dos seus traballadores e usuarios”, mellorar a recollida de residuos; incrementar a limpeza e mantemento de vías e crear puntos de recarga para vehículos eléctricos.

0.19367098808289