Candia mantén unha xuntaza con mulleres emprendedoras para intercambiar propostas

LugoXa
Elena Candia mantén unha xuntaza con mulleres emprendedoras para intercambiar propostas e reactivar pymes e autónomas
congreso pp candia 2
29 Nov 2022

Elena Candia participou nun encontro, xunto a conselleira de Promoción e Emprego, Maria Jesús Lorenzana, con mulleres emprendedoras onde se puxeron sobre a mesa as preocupacións e as necesidades de emprendedoras lucenses

A popular manifestou que é "preciso poñer en marcha unha mesa de diálogo permanente co sector de comercio de proximidade, co fin de coñecer necesidades, problemática e ámbitos de mellora neste sector, que permitan establecer un Plan de Acción permanente de apoio ao sector, que se fixa como prioritario, dentro do proxecto político do Partido Popular.

Para Candia "o desenvolvemento económico e social dunha cidade pasa por reter o talento local e os gobernos locais teñen que empezar por cuestións básicas como son atraer á cidadanía ao comercio e aos negocios locais onde a proximidade co cliente e atención personalizada son un valor”.  A candidata compartiu cunha trintena de mulleres algunhas fórmulas que "contribuirían a desenvolver a actividade empresarial en Lugo" onde coincidiron en que “para iso é necesario mellorar o aparcamento e a accesibilidade en zonas comerciais así como avanzar nos aparcamentos disuasorios; unhas mellores combinacións de autobuses e poñer en marcha un sistema gratuíto de rotación de vehículos”.

Candia tamén destacou a "preocupación das emprendedoras pola necesidade de desbloquear os trámites burocráticos no Concello de Lugo e insistiu en que é preciso esforzarse para mellorar a limpeza e a seguridade das zonas comerciais incrementando a
presenza policial ". A popular tamén avogou por "apoiar ás empresas para que aceleren a súa transformación dixital reforzando a súa competitividade; implatar un programa de axuda á tradución ao inglés das páxinas web das PYMES; axudas para a cartelería que difundan en inglés actividades comerciais así como os productos locais ou tradución multilingüe das cartas dos locais de restauración".

0.17761611938477