Candia ofrece un pacto para que o PP lidere o goberno "onde Lugo sexa o primeiro"

LugoXa
Candia ofrece un pacto para que o PP lidere o goberno "onde Lugo sexa o primeiro" nunha carta á candidata do PSOE e ao candidato do BNG.
Candia PP
4 Xuño 2023

A candidata o PP enviou esta mañá unha carta á candidata do PSOE e ao candidato do BNG.

A alcaldable do PP Elena Candia enviou hoxe unha carta dirixida aos dous partidos que obtiveron representación na corporación, PSOE e BNG, co ánimo de trasladarlles “o meu ofrecemento para liderar un pacto de goberno onde Lugo sexa o primeiro”.

Elena Candia expón que “o caudal de confianza depositado no proxecto político do Partido Popular, e que avalan os 21.447 votos dos e das lucenses que escolleron o pasado 28 de maio a papeleta da lista que encabezo, e que, como ben sabes, obtivo 12 actas dos 25 concelleiros da corporación do Concello de Lugo, anímanme a solicitar unha reunión de traballo contigo”.

A intención desta carta é “abrir unha rolda de conversas con socialistas e nacionalistas insistindo na necesidade de traballar por Lugo con feitos deixando de lado confrontacións e ataques gratuitos que os lucenses non merecen”.

A popular explica que “cre que a política debe construírse dende o entendemento. A cidadanía demándanos aos políticos altura de miras e que antepoñamos os intereses xerais a calquera tipo de discrepancia política ou persoal”. Remata afirmando que agarda que “me des a oportunidade de escoitar en primeira persoa a miña proposta, que presentarei cunha actitude de total cordialidade”.

0.21295595169067